| 1. Cada participante presentará o deseño gráfico de tres chapas con imperdible.
2. O tema do deseño deberá ser a loita contra o abandono de animais.
3. O prezo de presentación dos deseños para as tres chapas será de 1€. Unha vez entregado, o/a participante recibirá un resgardo selado ou un e-mail de confirmación. Este resgardo ou e-mail será imprescindible para reclamar o premio.
3B. O pago de 1€ para os deseños presentados por e-mail ou carta farase na conta de LA CAIXA 2100-2304-98-02 -00238822 Indicando o nome do participante.
4. A entrega farase no Irish Monk's (Rúa Cando - O Porriño) ou mediante correo electrónico á dirección chapas@irishmonks.es.
5. Non haberá límite de presentación de deseños nin de idade.
Os custos de realización das chapas serán por conta da organización.
6. Os/as participantes terán que entregar antes do día 12 de maio de 2008 o debuxo ou a fotografía nos espazos delimitados no impreso que pode descargarse neste link o enviar tres imaxes circulares de 32 mm de diámetro. en formato jpg a unha resolución mínima de 300 ppp.
Descargar PDF presentador
7. As 1.000 primeiras chapas entregadas exporanse nun local municipal público durante un período mínimo dun mes.
8. Un xurado formado por profesionais do deseño, artistas plásticos e titulados en Belas Artes seleccionará a chapa gañadora, que terá un premio de 300€, e tres finalistas que obterán un lote de regalos exclusivos. Os premios entregaranse o 24 de maio no Festival de Cans.
9. Todas as chapas pasarán a formar parte da campaña “1000 CHAPAS SOLIDARIAS”.
10. Os participantes consinten que as súas obras sexan vendidas con un fin social. |