Todos os anos milleiros de cans e gatos son abandoados. Noutros casos os animais de compaña sufren brutais maltratos.
A loita contra estes dramáticos feitos e a concienciación da poboación, teñen un custo que na maioría dos casos están sufragados por asociacións e voluntarios/as.
Este ano, a campaña sen ánimo de lucro 1000 Chapas Solidarias tivo como fin recaudar fondos para a Asociación Protectora de Animais do Porriño.
Todo o diñeiro recaudado pola venda das chapas participantes neste concurso destinouse a esta asociación. O prezo mínimo de venda de cada chapa foi de 2€, pero os compradores aumentaron esta cantidade como donativo.
 
Stand e entrega de premios no Festival de Cans
 

1000 Chapas Solidarias pretende ser unha actividade anual. En cada edición seleccionarase uhna asociación que leve a cabo unha actividade de valor social na nosa comunidade.